Friday 17 de May de 2024

O BNG de Oleiros pregunta no pleno de marzo ao Goberno Local por que non foi elixida a figura dunha muller para a estatua erixida en homenaxe a mestras e mestres


Preguntamos asemade polas recentes cortas de salgueiros de gran porte no Colexio Valle Inclán o pasado 16 de marzo

Dentro dos obxectivos das políticas municipais de igualdade está o de dar visibilidade a referentes femininos e aportar esa mesma visibilidade á muller no ámbito urbano municipal, ambos os dous previstos no II Plano de Igualdade, o cal ten como un dos seus indicadores O “Número de espazos públicos, rúas e prazas de nova asignación dedicados a mulleres”.

Co gallo destes obxectivos o BNG preguntou ao Goberno Local se non tería sido unha boa oportunidade neste eido que a escultura de homenaxe a mestres e mestras ubicada nas proximidades da Rúa das Escolas, fora dunha figura feminina en lugar da masculina elixida. Mais tendo en conta que as mulleres son maioritarias nesta profesión e que a estatua foi inaugurada a 4 días do 8-M.

No interior do Colexio Valle Inclán o pasado 16 de marzo, procedeuse á corta de dúas árbores de gran porte, salgueiros.

Pedimos ao concello que aclarara os motivos desta intervención (seguranza da cativada ou perigo potencial para algunha vivenda) e se non había outro xeito menos “invasivo” de proceder.